5.1.12

a cociña de Isaac

zecáis un dos lugares máis sinxelamente fermosos que lembro é, e será, a túa cociña na casa de Cervo, ben xeitosiña toda ela. branca e baleira, arrecendendo humildade. pequena por fora coma ti e grande coma o teu maxín. tan so unha mesa de madeira e unhas froitas sobor dela. e moita luz. a luz que nos falta coma pobo e que ti levabas nas mans artesans.
hoxe marchaches cando aínda a choiva miudiña non amanecera. e, ó igual que Juan Benet neste mesmo día, perdemos un pequeno xenio que lle daba a todo, e a todo igual de ben. deixaches de pintar aquel lonxano día sen máis e te adicaches en corpo e ialma a ialma do noso pequeño anaco de terra. ese anaco pequeño que te acollerá non tan desagradecidamente como os semellantes a nos, pero non por iso dignos de chamarse homes, os que coma corgos arrebatáronche do teu sono feito Laboratorio de Formas de Galicia e o grupo de Cerámicas Sargadelos. para nos seguirás sendo o creador xenuíno de tanta cultura artística e industrial que dubido moito merezamos coma pobo calante.

bo camiño Isaac, e unha aperta dende a choiva de hoxe e sempre.

1 comentarios:

A sangre fría dijo...

Bien hecho Tino! Estupenda entrada.
Enhorabuena.
; )